No Tema 4 de Naturais imos adentrarnos nun mundo fascinante: os ecosistemas.
Durante as próximas semanas aprenderemos…
Que é un ecosistema? Descubriremos que un ecosistema é o lugar onde viven os seres vivos e como animais, plantas, auga, solo e climaestán conectados.
Relacións de alimentación.
Veremos quen come a quen na natureza:
- Cadeas alimentarias.
- Produtores (plantas).
- Consumidores (animais).
- Descompoñedores.
Aprenderemos que todos dependen uns doutros.
Outras relacións nos ecosistemas xa que non todo é comer! Por iso tamén estudaremos: a axuda entre seres vivos, a competencia, a protección, a convivencia ... Porque na natureza… todo está relacionado.
Viaxaremos por diferentes ambientes: bosque, deserto, ecosistema mariño, lagoa ou río e coñeceremos os seres vivos que habitan en cada un.
Que imos facer en clase?
- Actividades.
- Debuxos.
- Pequenas investigacións.
- Xogos e esquemas
Estamos segurss de que será un tema moi interesante e divertido!
Seguide atentos ao blog para ver os nosos traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario