jueves, 17 de junio de 2021

PDI: Proxecto documental Integrado

Este curso 2020-21 o noso proxecto de centro xirou arredor da historia do noso concello.

O alumnado de 6º curso traballou a historia de Pontedeume reflectida no seu rico patrimonio artístico e monumental, tendo en conta que son moitos os séculos e aconteccementos que contemplaron as nosas rúas e edificios de pedra. As pedras falan do noso pasado, deixando constancia en ocasións de quen foron os seus protagonistas, mesmo con nomes e apelidos, por iso traballamos a ruta heráldica de Pontedeume, ademáis creamos o noso propio escudo tendo en conta as características das nosas familias, os nosos intereses…

Aquí vos deixo un vídeo resumo co noso produto final:



Ademais traballamos sobre dous espazos importantes para nós. En primeiro lugar, o mercado de Pontedeume derradeiro resto arquitectónico do antigo pazo dos Andrade e coñecimos ao seu arquitecto Antonio Tenreiro e algunas das súas obras. En segundo lugar, investigamos sobre a fábrica de encurtidos que estivo situada no espazo que ocupa hoxe en día o noso colexio e coñecimos a Couceiro Freijomil pedagogo eumés fundador do antiguo centro educativo. O noso produto final xunto ao alumnado e mestras de 5º curso foi o seguinte





ROBÓTICA

Tel e como se especifica na Resolución do 23 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21

"O novo marco curricular do sistema educativo galego trata de garantir que o alumnado adquira non só coñecementos curriculares senón, tamén, que acade as competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e social. Para isto faise necesario utilizar estratexias metodolóxicas activas,  recursos que o alumnado identifique como motivadores e próximos á súa realidade tecnolóxica e un enfoque interdisciplinar da aprendizaxe. Neste senso, a robótica educativa pode xogar un papel destacado xa que permite traballar as áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM nas súas siglas en inglés) de xeito integrado e afectando a calquera das materias do currículo. Con este programa, búscase introducir de maneira curricular a robótica e o pensamento computacional, e polo tanto a programación, na etapa de educación primaria nos cursos 4º, 5º ou 6º.  Esta acción enmárcase na Estratexia Galega de Educación dixital (Edudixital 2020)."

Estes últimos días de clase estivemos a aprender xogando cuns pequenos  amiguiños chamados bee-bot, fantástico recurso para aplicar o aprendido sobre a heráldica do noso concello. Despois por grupos decidimos elaborar novas plantillas para seguir practicando.

Aquí vos deixo uns vídeos das activividades.