O luns 27 de setembro recibimos a visita de David Arcay. Este coruñés foi catro veces campión do mundo de pesca de salmónidos mosca.
David Arcay participou xa en
14 campionatos internacionais e foi catro veces campión do mundo de pesca
de salmónidos mosca, un palmarés que o converte, con tan só 30 anos
de idade, en todo un referente a nivel galego e mundial dentro do mundo da
pesca deportiva.
Ademais, ten o récord de
precocidade dentro da súa modalidade, despois de proclamarse con 21 anos
campión individual de pesca de
salmónidos mosca.
O deportista coruñés tamén é
moi coñecido en Galicia polo seu intenso traballo e implicación en todo tipo de
iniciativas orientadas a divulgar entre o público máis novo os valores
deportivos e ambientais asociados ao mundo da pesca.
David Arcay colabora desde hai
anos coa Consellería na organización de diferentes actividades de carácter
divulgativo e é un dos promotores das escolas de río impulsadas coa nova Lei de
pesca continental para achegar aos nenos galegos ao sector.