martes, 14 de diciembre de 2021
lunes, 13 de diciembre de 2021
ACTIVIDADES NADAL 2021
miércoles, 1 de diciembre de 2021
PALABRAS POLISÉMICAS
liveworksheets.com
liveworksheets.com
martes, 23 de noviembre de 2021
SUJETO Y PREDICADO EJERCICIOS
liveworksheets.com
liveworksheets.com
jueves, 11 de noviembre de 2021
jueves, 4 de noviembre de 2021
martes, 2 de noviembre de 2021
PRESENTACIÓN PARA AS FAMILIAS
En primeiro lugar darvos as grazas aos que estivestes na videoconferencia, e aos que non puidestes, dicirvos que non pasa absolutamente nada, falaremos ao longo do curso.
Como vos dixemos deixámosvos a presentación para que consultedes todo o que consideredes conveniente.
lunes, 1 de noviembre de 2021
miércoles, 27 de octubre de 2021
REPASO LENGUA
liveworksheets.com
liveworksheets.com
domingo, 24 de octubre de 2021
VISITA EXPOSICIÓN PDI
O traballo con textos de diferente tipoloxía (literarios, divulgativos, científicos, didácticos...), ou de diferente soporte (libro, audiovisual, informático...), etc. nas distintas áreas do currículo, así como a comprensión dun vocabulario específico en cada materia, contribúe a abrir a porta ao coñecemento e ao crecemento persoal. Non se debe considerar tempo perdido o que se dedica a comprender e a razoar os conceptos e as súas relacións mediante a lectura de textos, sexan estes científicos ou didácticos (enciclopedias, monografías, páxinas web...), porque esta actividade proporciona capacidade de análise, de relación, de contextualización, de comunicación, etc., necesarias para sobrevivir nun mundo tecnificado e cambiante. Calquera actividade da vida futura do noso alumnado pasará polo uso sistemático da súa capacidade crítica e relacional.
Desde e cos recursos da biblioteca escolar, a escola pode asumir a responsabilidade de ensinar ao alumnado como atopar a información, como tratala e como apropiarse dela, ao ser “o espazo organizado no que o alumnado e profesorado unha vez acordado o proxecto para realizar, establecidos os obxectivos e definidas as tarefas, busca e atopa todos os coñecementos necesarios para levar a bo termo a tarefa e produto final. É o lugar idóneo para que o alumnado aprenda a utilizar vos recursos que a sociedade da información pon ao seu alcance, adquira estratexias de procura e interpretación e, en definitiva, convértase no protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.
lunes, 11 de octubre de 2021
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
En coordinación e colaboración co alumado e profesorado de sexto curso imos realizar un traballo sobre distintos aspectos relacionados con estas datas.
A traballar!
O OUTONO:
Que sabemos do outono? Cando e por que comeza e remata? Que é o equinocio? É igual en todos os sitios do noso país? E en todos os sitios do mundo, existe o outono? Por que caen as follas? Que máis ocorre no outono?...
Unha das tradicións festivas do outono é o Samaín. Se ides facer o cartaz sobre esta festa para dála a coñecer non teredes que esquecer falar da súa orixe, a tradición en Galicia, é o mesmo que o Halloween ou non, e haberá que falar das cucurbitaceas, non? e de como se converte unha cabaza en caveira...
Logo de ter toda a información pasade a que vos pareza máis relevante ao voso poster sobre esta festa para colgado no corredor e que a todos os que o lean lles quede ben claro que é o SAMAÍN.
E como remate desta actividade seguro que atopades un tempiño para xogar ao tempo que comprobamos os nosos coñecementos desta estación.
jueves, 7 de octubre de 2021
FÓSILES
lunes, 27 de septiembre de 2021
VISITA DE DAVID ARCAY
O luns 27 de setembro recibimos a visita de David Arcay. Este coruñés foi catro veces campión do mundo de pesca de salmónidos mosca.
David Arcay participou xa en
14 campionatos internacionais e foi catro veces campión do mundo de pesca
de salmónidos mosca, un palmarés que o converte, con tan só 30 anos
de idade, en todo un referente a nivel galego e mundial dentro do mundo da
pesca deportiva.
Ademais, ten o récord de
precocidade dentro da súa modalidade, despois de proclamarse con 21 anos
campión individual de pesca de
salmónidos mosca.
O deportista coruñés tamén é
moi coñecido en Galicia polo seu intenso traballo e implicación en todo tipo de
iniciativas orientadas a divulgar entre o público máis novo os valores
deportivos e ambientais asociados ao mundo da pesca.
David Arcay colabora desde hai
anos coa Consellería na organización de diferentes actividades de carácter
divulgativo e é un dos promotores das escolas de río impulsadas coa nova Lei de
pesca continental para achegar aos nenos galegos ao sector.
jueves, 23 de septiembre de 2021
INFORMACIÓN E-DIXGAL
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS (FOLLETO INFORMATIVO CURSO 2021-22)
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/folleto_edixgal_21_22.pdf
SOPORTE PREMIUM
O proxecto E-Dixgal conta cun
equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as
incidencias relativas a centros, familias e profesorado.
As canles de contacto que
dispoñen os usuarios son as seguintes:
Email: soporte.premium@edu.xunta.es
Teléfono:
881 86 90 00
WhatsApp: 604 06 78 56
Telegram: @Serciciopremiumedixgal
SEGURO
As familias que así o desexen
poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido
desde setembro de 2021 ata agosto de 2022), que permite cubrir o risco
dos danos no portátil non contemplados na garantía.
O custo anual do devandito seguro
é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse directamente
a través do número de teléfono 881 505 136.
TRABALLOS DE AULA
Despois da saída realizada o pasado venres 17 de setembro recollemos as experiencias vividas nunha redacción. Nas fotos podedes ver os resultados que están expostos no taboleiro de aula.
Felicidades.
Bo traballo.
miércoles, 22 de septiembre de 2021
martes, 21 de septiembre de 2021
Cume Vello, o volcán que puxo en alerta máxima á Palma
Non é un volcán ao uso, e tras unha semana de actividade sísmica crecente, entrou en erupción finalmente este domingo. Os geólogos vixían desde hai días a este monstro impredicible que ruxira por última vez hai 50 anos.
Esta semana investigamos sobre os volcáns e
jueves, 17 de junio de 2021
PDI: Proxecto documental Integrado
Este curso 2020-21 o noso proxecto de centro xirou arredor da historia do noso concello.
O alumnado de 6º curso traballou a historia de Pontedeume reflectida no seu rico patrimonio artístico e monumental, tendo en conta que son moitos os séculos e aconteccementos que contemplaron as nosas rúas e edificios de pedra. As pedras falan do noso pasado, deixando constancia en ocasións de quen foron os seus protagonistas, mesmo con nomes e apelidos, por iso traballamos a ruta heráldica de Pontedeume, ademáis creamos o noso propio escudo tendo en conta as características das nosas familias, os nosos intereses…
Aquí vos deixo un vídeo resumo co noso produto final:
ROBÓTICA
Tel e como se especifica na Resolución do 23 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21:
"O novo marco curricular do sistema educativo galego trata de garantir que o alumnado adquira non só coñecementos curriculares senón, tamén, que acade as competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e social. Para isto faise necesario utilizar estratexias metodolóxicas activas, recursos que o alumnado identifique como motivadores e próximos á súa realidade tecnolóxica e un enfoque interdisciplinar da aprendizaxe. Neste senso, a robótica educativa pode xogar un papel destacado xa que permite traballar as áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM nas súas siglas en inglés) de xeito integrado e afectando a calquera das materias do currículo. Con este programa, búscase introducir de maneira curricular a robótica e o pensamento computacional, e polo tanto a programación, na etapa de educación primaria nos cursos 4º, 5º ou 6º. Esta acción enmárcase na Estratexia Galega de Educación dixital (Edudixital 2020)."
Estes últimos días de clase estivemos a aprender xogando cuns pequenos amiguiños chamados bee-bot, fantástico recurso para aplicar o aprendido sobre a heráldica do noso concello. Despois por grupos decidimos elaborar novas plantillas para seguir practicando.
Aquí vos deixo uns vídeos das activividades.
miércoles, 16 de junio de 2021
REPASO FIN CURSO 6ºB
liveworksheets.com
liveworksheets.com
domingo, 13 de junio de 2021
jueves, 10 de junio de 2021
martes, 8 de junio de 2021
miércoles, 3 de febrero de 2021
jueves, 28 de enero de 2021
martes, 26 de enero de 2021
domingo, 24 de enero de 2021
PROGRAMACIÓN SEMANAL 6ºB DO 25 AO 29 DE XANEIRO
Aquí vos deixo a programación da vindeira semana. Revisádea nos vindeiros días por se houbera modificacións.