Na aula imos traballar a escrita de contos, unha tarefa que vai moito máis alá de xuntar palabras nun papel.
Escribir contos axuda ao alumnado a ordenar ideas, expresar emocións, ampliar vocabulario e desenvolver a imaxinación, pero tamén a pensar con claridade e a comunicar mellor o que queren dicir.
Cando un neno ou nena escribe un conto, está poñendo en marcha moitas habilidades ao mesmo tempo: pensa unha historia, decide que é importante, organiza o que vai pasar primeiro e o que virá despois, e aprende a revisar o que escribe. É dicir, aprende a pensar escribindo .
Para axudarnos neste proceso, comezamos por coñecer as partes dun conto, porque escribir tamén é ter unha estrutura clara. Igual que unha casa precisa cimentos, paredes e tellado, un conto necesita unhas partes ben definidas.
- Inicio: presentamos os personaxes, o lugar e a situación inicial.
- Nó (ou problema): algo sucede e a historia complícase.
- Desenlace: resólvese o problema e péchase o conto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario