jueves, 5 de octubre de 2023

ACTIVIDADES DE AULA

O xogo senta as bases para o desenvolvemento de coñecementos e competencias sociais e emocionais clave. A través do xogo, os nenos e nenas aprenden a forxar vínculos cos demais, a compartir, negociar e resolver conflitos, ademais de contribuír á súa capacidade de autoafirmación.

Traballar en equipo reforza enormemente en nenos e adultos os vínculos sociais e mellora as habilidades sociais, a empatía, solidariedade ou resiliencia. Ademais, axuda a desenvolver a súa intelixencia emocional e a forxar unha autoestima forte.

Compartimos algunhas imaxes das actividades de aula.










No hay comentarios:

Publicar un comentario