jueves, 26 de octubre de 2023

O SAMAÍN ESTÁ CHEGANDO

 Achégase a noite do 31 de outubro. Todos os galegos e galegas apreciamos esta data desde moito antes de que exportasen a celebración do Halloween, na súa versión estadounidense, coma se fose orixinaria daquel territorio. E é que aquí o Samaín forma parte da tradición máis enraizada e enxebre da nosa terra.

O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os antigos celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

O Samaín configuraba o Aninovo celta. Os pobos celtas consideraban que o ano estaba dividido en dous partes: unha escura, que se inica na noite de Samaín, e unha clara, que se incia na noite de Walpurgis, coa festa de Beltane, entre o 30 de abril e o 1 de maio. Con todo, é a de Samaín o inicio de todo, cando o verán morría e comezaba o inverno.

Eran os druídas os encargados de celebrar a festa celta para honrar aos devanceiros, a través de numerosos ritos. Contan as lendas que recollían nos bosques máis apartados bagas de visgo durante esa noite, para o que utilizaban unha fouce sacra forxada en ouro. Con elas, preparaban apócemas e ungüentos, e vaticinaban sobre o futuro das colleitas e da aldea. Un dos rituais que chegou ata nós, e cuxos resultados auguraban o futuro, é o de coller mazás, que se transformou no apple bobbing de Halloween. Consiste en mergullar varias destas froitas nun caldeiro con auga e ser capaz de agarralas coa boca.

Nas aulas estamos a facer diferentes manualidades relacionadas con esta festividade. Aquí deixámosvos algunhas imaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario