A nosa misión espacial xa está en marcha e, despois de recibir a Carta da Misión, chegou o momento de dar un paso máis: crear a identidade da nosa tripulación. Para comezar esta aventura, realizamos unha primeira actividade moi especial: descubrimos que son un lema, unha insignia e un logotipo e para que serven.
Un lema para representarnos
Un lema para representarnos
Aprendemos que un lema é unha frase curta que representa a un grupo e que pode axudarnos a expresar aquilo que queremos conseguir.
Exploramos diferentes exemplos como:
Xuntos ata as estrelas!
Exploramos para aprender!
Pequenos pasos, grandes misións!
Despois chegou o momento de pensar: que frase podería representar á nosa tripulación?
Unha insignia para identificarnos
Tamén descubrimos as insignias, eses símbolos ou debuxos que permiten identificar un equipo.
Observamos diferentes exemplos relacionados co mundo espacial e analizamos que elementos podían aparecer nunha insignia: estrelas, planetas, foguetes, astronautas...
E comezamos a imaxinar como sería a insignia da nosa propia tripulación.
Tamén descubrimos as insignias, eses símbolos ou debuxos que permiten identificar un equipo.
Observamos diferentes exemplos relacionados co mundo espacial e analizamos que elementos podían aparecer nunha insignia: estrelas, planetas, foguetes, astronautas...
E comezamos a imaxinar como sería a insignia da nosa propia tripulación.
E que é un logotipo? Por último, achegámonos ao concepto de logotipo.
Aprendemos que combina un nome e un deseño especial para representar e identificar un grupo.
Así que xa temos as pezas necesarias para o seguinte paso da misión:
Un lema: unha frase que nos representa.
Una insignia: un símbolo que nos identifica.
Un logotipo: un nome acompañado dun deseño.
E agora... tócanos crear. Despois de investigar e comprender estes conceptos, chegou o momento máis emocionante: deseñar a identidade da nosa propia misión espacial. Teremos que poñer en xogo a nosa imaxinación, creatividade e capacidade para traballar en equipo para decidir como queremos que sexa a nosa tripulación. Porque unha misión espacial non só necesita astronautas...
Tamén necesita identidade... E nós xa estamos preparados para creala.
A nosa misión comeza.


No hay comentarios:
Publicar un comentario