Mostrando entradas con la etiqueta PDI Olimpiadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI Olimpiadas. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de marzo de 2024

Coñecendo o deporte adaptado.

ABECONSA BASKETMI é  unha  entidade,  sen  ánimo  de lucro,    que  fomenta  a  práctica deportiva  entre persoas  con discapacidade.    A día    de hoxe,    o  eixo  principal  é  o baloncesto  en cadeira  de rodas.      

A  misión  principal  do  club  é  que  aumente  o  número de persoas con discapacidade    que  practican  deporte  e  situarse  como  entidade  de referencia  na provincia da Coruña, tanto  no ámbito competitivo como no lúdico-recreativo. Unha fantástica experiencia.














martes, 9 de enero de 2024

AS DONAS ELIXIDAS: TERESA PORTELA

 


Dentro do noso Proxecto competencial que leva por título "As donas elixidas" imos traballar o deporte de élite e as mulleres a partir dunha deportista galega, Teresa Portela.
A discriminación de xénero no deporte é un tema de importancia na actualidade, e foi estudado por diversos autores e expertos no campo. 
Desde a antigüidade, as mulleres enfrontaron obstáculos e barreiras para participar en deportes e competencias, e foron marxinadas e excluídas de moitos deportes considerados «só para homes», disciplinas de alta demanda de enerxía como o son o boxeo, o béisbol, as artes marciais etc. (Avendaño G, Esteves F, Zhandra, Rodríguez Bermudez, Navarro B, Pedro, Peña Oliveros; 2008).
No primeiros debut das mulleres nos Xogos Olímpicos modernos, refire que as mulleres empezaron a competir en probas de golf e de tenis en 1900 en París e en 1904, en San Luís, engadiuse o tiro con arco ás disciplinas nas que estas podían participar flexibilizando un pouco as esixencias que se requirían para ter un rendemento deportivo adecuado. Nos Xogos de 1908, as mulleres tamén tomaron lugar nas regatas de vela e patinaxe artístico, aínda que ditas competencias non contemplaban o recoñecemento con medallas. Paulatinamente, a participación das mulleres no máximo evento do deporte foise incrementando, observándose que nas  Olimpíadas de Atenas 2004, déronse cita 6.532 homes e 4.480 mulleres, sendo relativamente superior á cifra reportada na edición anterior dos xogos de Sydney no ano 2000, onde concorreron aproximadamente 4.069 deportistas femininas (COI, 2000, 2004).
Hai exemplos concretos de mulleres atletas e adestradoras que superaron barreiras e alcanzaron o éxito nas súas carreiras deportivas, esperamos que estes exemplos sexan a  inspiración para futuras xeracións de mulleres atletas e adestradoras. É evidente que neste século teremos que traballar na promoción  da  igualdade de xénero no deporte xa que é unha ferramenta para facer fronte os obstáculos que enfrontan as mulleres neste ámbito.









jueves, 26 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas este 24 de outubro de 2023.

Desde o ano 2019 incorpórase á celebración o lema 'Aptas para todos os públicos', que estará presente en todas actividades que se poñan en marcha.

Ademais, a celebración do Día das Bibliotecas ten desde ese momento un fío condutor temático diferente cada ano.

O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns.

O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas españolas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.

Este curso 2023-24 o alumnado e profesorado do CEIP Couceiro Freijomil imos traballar sobre as Olimpiadas dentro do noso Proxecto Documental Integrado. E... que iso? Os Proxectos Documentais Integrados son un excelente instrumento para xerar e estimular novas formas de aprender, acordes coa sociedade da información. Son unha forma de traballo que permite transformar a información en coñecemento e onde a Biblioteca Escolar convértese no eixo da acción educativa.

Estamos a falar dunha biblioteca concibida como un Centro de Recursos para o Ensino a Aprendizaxe e a Lectura –CREAL. Son investigacións nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema, ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual empregando para iso os recursos documentais da Biblioteca Escolar. 

O 25 de outubro aproveitando a celebración do Día da Bibliotecas Escolares inauguramos o noso PDI.

Hai unhas semanas recibimos a visita da nosa mascota. Güino, convidounos a crear a nosa bandeira de aula e a preparar unhas mans de cartolina.

O mércores 25 toda a escola quedamos no pavillón, despois do recreo. Alí recreamos un acto inaugural dunhas olimpíadas. Desfilamos como abandeirados e abandeiradas coa nosa clase, pasámonos o facho olímpico e acendemos o pebeteiro. Para finalizar, usando as mans de cores formamos os aros olímpicos. Pasámolo fenomenal. Deixámosvos algunhas imaxes desta actividade.