martes, 17 de enero de 2023
PDI CANAL DE SUEZ
viernes, 16 de diciembre de 2022
ACTUACIÓN NADAL 2022
BO NADAL
Despois da tormenta sae o arco da vella
Veñen as cores do Nadal (woh, oh, oh, oh)
De todos os lugares vén a nosa xente (nosa xente)
A pasala xuntos en familia
Xa vexo polas rúas a xente sorrindo (a xente sorrindo)
Todos se saúdan e felicítanse.
Acéndense as luces, por toda a cidade
Imos celebrar que xa chegou o Nadal
Imos celebrar que vén a felicidade
Imos celebrar que xa chegou o Nadal
É verdade que onte choramos, pero hoxe levantámonos
imos xuntos a cantar, bo nadal
Xa vexo polas rúas a xente sorrindo
Todo se saúdan e se felicitan
Acéndense as luces (hey)
Apáganse as luces (non)
Acéndense as luces (hey) de toda a cidade
Imos celebrar que xa chegou o Nadal
Imos celebrar que vén a felicidade
Imos celebrar que xa chegou o Nadal
É verdade que onte choramos, pero hoxe levantámonos
imos xuntos a cantar, bo nadal
Pontedeume Pontedeume
Onde estou sempre o explico
É o mellor Nadal
Se non me cres pásate por aquí un ratito.
O Nadal máis longo do mundo
O Nadal máis lindo do mundo
O Nadal máis longo do mundo témolo aquí
O Nadal máis longo do mundo
O Nadal máis lindo do mundo
O Nadal máis longo do mundo témolo aquí.
Imos celebrar que xa chegou o Nadal
Imos celebrar que vén a felicidade
Imos celebrar que xa chegou o Nadal
É verdade que onte choramos, pero hoxe levantámonos
imos xuntos a cantar......
Imos celebrar que xa chegou o Nadal
Imos celebrar que vén a felicidade
Imos celebrar que xa chegou o Nadal
É verdade que onte choramos, pero hoxe levantámonos
imos xuntos a cantar, bo nadal.
Bo nadalllll xa vexo polas rúas a xente sorrindo
Todos se saúdan e se felicitan
Acéndense as luces
Acéndense as luces
Acéndense as luces
de toda a cidade
miércoles, 30 de noviembre de 2022
PROGRAMA "PRENSA-ESCUELA"
Este programa está dirixido a estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato. Trátase dunha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola impulsando o xornal como un elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos.
O seu fin é que, a través das súas páxinas, os escolares desenvolvan o sentido crítico o que lles axudará a formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática.
Para desenvolver este proxecto, Prensa-Escola conta cun equipo de medio centenar de pedagogos, científicos e xornalistas, que cada día achegan a súa profesionalidade e a súa ilusión para que os miles de alumnos e profesores que participan nesta iniciativa apaixónense coa información e a comunicación. Para iso, pon ao dispor das aulas exemplares do xornal; un suplemento semanal, A Voz da Escola; un portal web con multitude de actividades e recursos; cursos para que os profesores aprendan a utilizar o diario en clase e talleres de novas tecnoloxías; concursos para que os alumnos achéguense ao oficio de xornalista e para incentivar aos docentes nos seus proxectos pedagóxicos, e blogues para que os escolares cren o seu propio soporte na internet.
martes, 22 de noviembre de 2022
INFORMACIÓN EXCURSIÓN FIN DE CURSO: MADRID
No seguinte documento tedes un resumo da información máis salientable tratada na reunión do martes 22 de novembro na que abordamos distintos temas relacionados coa viaxe a Madrid.
lunes, 21 de noviembre de 2022
miércoles, 2 de noviembre de 2022
O XORNAL NA AULA
Un curso máis participamos no programa "Prensa- Escuela" da Voz de Galicia.
Traballar o xornal na aula permítenos a nós docentes e a vós alumnos e alumnas coñecer as cousas que suceden ao noso redor e tamén estar informados. É unha ferramenta moi importante para desenvolver en todos nós o sentido crítico. Segundo Bacon "O pensamento crítico é ter o desexo de buscar, a paciencia para dubidar, a afección de meditar, a lentitude para afirmar, a disposición para considerar, o coidado para poñer en orde e o odio por todo tipo de impostura". Desde unha perspectiva máis moderna, o pensamento crítico enténdese como a capacidade de analizar e avaliar a consistencia dos razoamentos, en especial, daquelas afirmacións que a sociedade acepta como verdadeiras no contexto da vida cotiá, como as fake news, especialmente relevantes na actualidade pola súa proliferación e rápida viralización.
Os xornais foron e son un medio de comunicación moi importante desde a súa aparición. Na actualidade compiten con outras formas de comunicación como poden ser as redes sociais, a televisión... Con todo, a prensa escrita segue ofrecendo oportunidades para estar informados que outros medios non poden proporcionar. Tendo en conta todas estas cuestións consideramos que poder traballar có Xornal na aula pode contribuír a mellorar an nosas competencias lingüísticas.
Para saber máis podedes premer nos seguintes ligazóns.



