jueves, 23 de septiembre de 2021

INFORMACIÓN E-DIXGAL

 INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS (FOLLETO INFORMATIVO CURSO 2021-22)

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/folleto_edixgal_21_22.pdf

 SOPORTE PREMIUM

O proxecto E-Dixgal conta cun equipo de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias relativas a centros, familias e profesorado.

As canles de contacto  que dispoñen os usuarios son as seguintes:

     Email: soporte.premium@edu.xunta.es

     Teléfono: 881 86 90 00

     WhatsApp: 604 06 78 56

     Telegram: @Serciciopremiumedixgal

 

SEGURO

As familias que así o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro  anual (válido  desde  setembro de 2021 ata agosto de 2022), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.

O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse directamente a través do número de teléfono 881 505 136.

 

 

TRABALLOS DE AULA

Despois da saída realizada o pasado venres 17 de setembro recollemos as experiencias vividas nunha redacción. Nas fotos podedes ver os resultados que están expostos no taboleiro de aula.

Felicidades. 



Bo traballo.

martes, 21 de septiembre de 2021

Cume Vello, o volcán que puxo en alerta máxima á Palma

Non é un volcán ao uso, e tras unha semana de actividade  sísmica crecente, entrou en erupción finalmente este domingo. Os  geólogos vixían desde hai días a este monstro impredicible que ruxira por última vez hai 50 anos.

Esta semana investigamos sobre os volcáns e 








jueves, 17 de junio de 2021

PDI: Proxecto documental Integrado

Este curso 2020-21 o noso proxecto de centro xirou arredor da historia do noso concello.

O alumnado de 6º curso traballou a historia de Pontedeume reflectida no seu rico patrimonio artístico e monumental, tendo en conta que son moitos os séculos e aconteccementos que contemplaron as nosas rúas e edificios de pedra. As pedras falan do noso pasado, deixando constancia en ocasións de quen foron os seus protagonistas, mesmo con nomes e apelidos, por iso traballamos a ruta heráldica de Pontedeume, ademáis creamos o noso propio escudo tendo en conta as características das nosas familias, os nosos intereses…

Aquí vos deixo un vídeo resumo co noso produto final:



Ademais traballamos sobre dous espazos importantes para nós. En primeiro lugar, o mercado de Pontedeume derradeiro resto arquitectónico do antigo pazo dos Andrade e coñecimos ao seu arquitecto Antonio Tenreiro e algunas das súas obras. En segundo lugar, investigamos sobre a fábrica de encurtidos que estivo situada no espazo que ocupa hoxe en día o noso colexio e coñecimos a Couceiro Freijomil pedagogo eumés fundador do antiguo centro educativo. O noso produto final xunto ao alumnado e mestras de 5º curso foi o seguinte





ROBÓTICA

Tel e como se especifica na Resolución do 23 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21

"O novo marco curricular do sistema educativo galego trata de garantir que o alumnado adquira non só coñecementos curriculares senón, tamén, que acade as competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e social. Para isto faise necesario utilizar estratexias metodolóxicas activas,  recursos que o alumnado identifique como motivadores e próximos á súa realidade tecnolóxica e un enfoque interdisciplinar da aprendizaxe. Neste senso, a robótica educativa pode xogar un papel destacado xa que permite traballar as áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM nas súas siglas en inglés) de xeito integrado e afectando a calquera das materias do currículo. Con este programa, búscase introducir de maneira curricular a robótica e o pensamento computacional, e polo tanto a programación, na etapa de educación primaria nos cursos 4º, 5º ou 6º.  Esta acción enmárcase na Estratexia Galega de Educación dixital (Edudixital 2020)."

Estes últimos días de clase estivemos a aprender xogando cuns pequenos  amiguiños chamados bee-bot, fantástico recurso para aplicar o aprendido sobre a heráldica do noso concello. Despois por grupos decidimos elaborar novas plantillas para seguir practicando.

Aquí vos deixo uns vídeos das activividades.