O traballo con textos de diferente tipoloxía (literarios, divulgativos, científicos, didácticos...), ou de diferente soporte (libro, audiovisual, informático...), etc. nas distintas áreas do currículo, así como a comprensión dun vocabulario específico en cada materia, contribúe a abrir a porta ao coñecemento e ao crecemento persoal. Non se debe considerar tempo perdido o que se dedica a comprender e a razoar os conceptos e as súas relacións mediante a lectura de textos, sexan estes científicos ou didácticos (enciclopedias, monografías, páxinas web...), porque esta actividade proporciona capacidade de análise, de relación, de contextualización, de comunicación, etc., necesarias para sobrevivir nun mundo tecnificado e cambiante. Calquera actividade da vida futura do noso alumnado pasará polo uso sistemático da súa capacidade crítica e relacional.
Desde e cos recursos da biblioteca escolar, a escola pode asumir a responsabilidade de ensinar ao alumnado como atopar a información, como tratala e como apropiarse dela, ao ser “o espazo organizado no que o alumnado e profesorado unha vez acordado o proxecto para realizar, establecidos os obxectivos e definidas as tarefas, busca e atopa todos os coñecementos necesarios para levar a bo termo a tarefa e produto final. É o lugar idóneo para que o alumnado aprenda a utilizar vos recursos que a sociedade da información pon ao seu alcance, adquira estratexias de procura e interpretación e, en definitiva, convértase no protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario