lunes, 14 de marzo de 2022

COÑECEMOS A PICASSO

 


DÍA DA POESÍA

O vindeiro luns 21 de marzo celebraremos o Día da Poesía. Como sabedes estamos a traballar a Picasso dentro do noso PDI anual, que este ano xira arredor da arte.

O noso obxectivo será traballar a poesía baseándonos nalgúns dos animais que pintou Pablo Ruíz Picasso.

A traballar!

miércoles, 2 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

O pasado venres 25 de febreiro celebramos o Entroido na nosa escola.
O tema deste ano xirou arredor do noso proxecto Documental Integrado: + ARTE.
O alumnado de 5º estamos a traballar sobre Picasso. Traballamos varios cadros deste autor e os empregamos para crear o noso disfrace. No seguinte vídeo atoparedes o resultado do noso traballo.