miércoles, 18 de mayo de 2022

Últimos retoques ao noso produto final.

Estamos a acabar o curso e é hora de preparar a exposición dos produtos finais do noso Proxecto Documental Integrado + ARTE.

Deixámosvos algunhas imaxes como aperitivo.

Esperamos que vos guste!





jueves, 12 de mayo de 2022

PDI +ARTE OBRA PICASSO

 Xa estamos rematando o PDI deste curso. Aquí tedes outro dos nosos produtos finais. Esperamos que vos guste moito.

Biquiños.



viernes, 6 de mayo de 2022

PROXECTO A.N.C.A.S: CAMIÑOS SEGUROS

O  Concello de Pontedeume ten asinado un acordo coa Asociación de Axuda e Orientación aos Afectados por Accidentes de tráficos, Stop Accidentes, para á implantación no noso municipio do proxecto  ANCAS (Asociación de Nenos Camiñantes por un Ambiente Sostible e Seguro).     

Este proxecto consiste no desenvolvemento e promoción dos camiños escolares seguros en Pontedeume, coa participación da comunidade escolar, a veciñanza e os comerciantes da vila.

Dentro desta actividade realizamos en primeiro lugar  un taller teórico e posteriormente outro práctico. 

Tamén as familias cubriron enquisas de hábitos de mobilidade  para confeccionar o mapa dos diferentes roteiros empregados polo alumnado no seu camiño á escola. Deste xeito, lógrase fomentar a participación cidadá, mellorar a convivencia e impulsar costumes saudables co beneficio á seguridade viaria ao medio ambiente.

O venres 6 de maio tocóunos avaliar un dos camiños que máis usamos para vis das nosas casa á escola.

Aquí vos deixo un vídeo resumo.

Biquiños

lunes, 2 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

O 17 de maio de 2022 adicamos o Día das Letras Galegas a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. 

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns. Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.

Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.

Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.

Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.

No seguinte vídeo atoparedes máis información sobre a vida e obra de Florencio.