viernes, 16 de diciembre de 2022

ACTUACIÓN NADAL 2022

 BO NADAL

Despois da tormenta sae o arco da vella

Veñen as cores do Nadal (woh, oh, oh, oh)

De todos os lugares vén a nosa xente (nosa xente)

A pasala xuntos en familia


Xa vexo polas rúas a xente sorrindo (a xente sorrindo)

Todos se saúdan e felicítanse.

Acéndense as luces, por toda a cidade


Imos celebrar que xa chegou o Nadal

Imos celebrar que vén a felicidade

Imos celebrar que xa chegou o Nadal

É verdade que onte choramos, pero hoxe levantámonos

imos xuntos a cantar, bo nadal



Xa vexo polas rúas a xente sorrindo

Todo se saúdan e se felicitan

Acéndense as luces (hey)

Apáganse as luces (non)

Acéndense as luces (hey) de toda a cidade


Imos celebrar que xa chegou o Nadal

Imos celebrar que vén a felicidade

Imos celebrar que xa chegou o Nadal

É verdade que onte choramos, pero hoxe levantámonos

imos xuntos a cantar, bo nadal


Pontedeume Pontedeume

Onde estou sempre o explico

É o mellor Nadal

Se non me cres pásate por aquí un ratito.




O Nadal máis longo do mundo

O Nadal máis lindo do mundo

O Nadal máis longo do mundo témolo aquí

O Nadal máis longo do mundo

O Nadal máis lindo do mundo

O Nadal máis longo do mundo témolo aquí.


Imos celebrar que xa chegou o Nadal

Imos celebrar que vén a felicidade

Imos celebrar que xa chegou o Nadal

É verdade que onte choramos, pero hoxe levantámonos

imos xuntos a cantar......


Imos celebrar que xa chegou o Nadal

Imos celebrar que vén a felicidade

Imos celebrar que xa chegou o Nadal

É verdade que onte choramos, pero hoxe levantámonos

imos xuntos a cantar, bo nadal.


Bo nadalllll xa vexo polas rúas a xente sorrindo

Todos se saúdan e se felicitan

Acéndense as luces

Acéndense as luces

Acéndense as luces

de toda a cidade





























miércoles, 30 de noviembre de 2022

PROGRAMA "PRENSA-ESCUELA"

Este programa está dirixido a estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato. Trátase  dunha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola impulsando o xornal como un elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. 

O seu fin é que, a través das súas páxinas, os escolares desenvolvan o sentido crítico o que lles axudará a formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática. 

Para desenvolver este proxecto, Prensa-Escola conta cun equipo de medio centenar de pedagogos, científicos e xornalistas, que cada día achegan a súa profesionalidade e a súa ilusión para que os miles de alumnos e profesores que participan nesta iniciativa apaixónense coa información e a comunicación. Para iso, pon ao dispor das aulas exemplares do xornal; un suplemento semanal, A Voz da Escola; un portal web con multitude de actividades e recursos; cursos para que os profesores aprendan a utilizar o diario en clase e talleres de novas tecnoloxías; concursos para que os alumnos achéguense ao oficio de xornalista e para incentivar aos docentes nos seus proxectos pedagóxicos, e blogues para que os escolares cren o seu propio soporte na internet.

martes, 22 de noviembre de 2022

INFORMACIÓN EXCURSIÓN FIN DE CURSO: MADRID

 No seguinte documento tedes un resumo da información máis salientable tratada na reunión do martes 22 de novembro na que abordamos distintos temas relacionados coa viaxe a Madrid.






miércoles, 2 de noviembre de 2022

O XORNAL NA AULA

Un curso máis participamos no programa "Prensa- Escuela" da Voz de Galicia.



Traballar o xornal na aula permítenos a nós docentes e a vós alumnos e alumnas coñecer as cousas que suceden ao noso redor e tamén estar informados. É unha ferramenta moi importante para desenvolver en todos nós o sentido crítico. Segundo Bacon "O pensamento crítico é ter o desexo de buscar, a paciencia para dubidar, a afección de meditar, a lentitude para afirmar, a disposición para considerar, o coidado para poñer en orde e o odio por todo tipo de impostura". Desde unha perspectiva máis moderna, o pensamento crítico enténdese como a capacidade de analizar e avaliar a consistencia dos razoamentos, en especial, daquelas afirmacións que a sociedade acepta como verdadeiras no contexto da vida cotiá, como as fake news, especialmente relevantes na actualidade pola súa proliferación e rápida viralización.

Os xornais foron e son un medio de comunicación moi importante desde a súa aparición. Na actualidade compiten con outras formas de comunicación como poden ser as redes sociais, a televisión... Con todo, a prensa escrita segue ofrecendo oportunidades para estar informados que outros medios non poden proporcionar. Tendo en conta todas estas cuestións consideramos que poder traballar có Xornal na aula pode contribuír a mellorar an nosas competencias lingüísticas.

Para saber máis podedes premer nos seguintes ligazóns.

SECCIÓNS DUN XORNAL

PRENSA DIXITAL

CARACTERÍSTICAS DA NOTICIA I

CARACTERÍSTICAS DA NOTICIA II

martes, 13 de septiembre de 2022

VÍDEOS VALORES

Este curto de animación ensínanos unha das leccións máis importantes da vida: saber cando é o momento de desistir e que isto non supón ningún fracaso. E é que ás veces non merece a pena continuar un camiño se os resultados previstos están cada vez máis lonxe ou se sofre demasiado no intento. No vídeo, a protagonista tece e tece sen parar, case deixándose a vida niso e, unha vez logra abandonar a súa meta, respira.


Cortrometraje escrito e dirixido polo brasileiro Fáuston dá Silva, esta curtametraxe conta a historia dun neno chamado Lucas que vive nas favelas e como a súa vida empeza a cambiar cando un día empeza a ler ‘Así falou Zaratustra’, animado polo consello que lle dá un recolector de cartóns. O afán de superación e o desexo de non desistir son algúns dos valores proxectados nesta proposta que capta a esencia destes barrios marxinais e os seus habitantes.




 

domingo, 19 de junio de 2022

XORNADA DE CONVIVENCIA CABANAS

O venres 17 de xuño o alumnado de primaria e mestres pasamos unha xornada de convivencia na praia da Magdalena en Cabanas. Aínda que non mesturamos cursos de distinto nivel pasámolo xenial!


FIN DE CURSO

O pasado 15 de xuño fixemos a excursión de fin de curso. 

Fomos ao muíño de Pedroso en Narón. Alí fixemos sales de baño, practicamos tiro con arco  e un taller de orientación e supervivencia. 

Aquí deixámosvos as imaxes desta xornada.

miércoles, 18 de mayo de 2022

Últimos retoques ao noso produto final.

Estamos a acabar o curso e é hora de preparar a exposición dos produtos finais do noso Proxecto Documental Integrado + ARTE.

Deixámosvos algunhas imaxes como aperitivo.

Esperamos que vos guste!





jueves, 12 de mayo de 2022

PDI +ARTE OBRA PICASSO

 Xa estamos rematando o PDI deste curso. Aquí tedes outro dos nosos produtos finais. Esperamos que vos guste moito.

Biquiños.



viernes, 6 de mayo de 2022

PROXECTO A.N.C.A.S: CAMIÑOS SEGUROS

O  Concello de Pontedeume ten asinado un acordo coa Asociación de Axuda e Orientación aos Afectados por Accidentes de tráficos, Stop Accidentes, para á implantación no noso municipio do proxecto  ANCAS (Asociación de Nenos Camiñantes por un Ambiente Sostible e Seguro).     

Este proxecto consiste no desenvolvemento e promoción dos camiños escolares seguros en Pontedeume, coa participación da comunidade escolar, a veciñanza e os comerciantes da vila.

Dentro desta actividade realizamos en primeiro lugar  un taller teórico e posteriormente outro práctico. 

Tamén as familias cubriron enquisas de hábitos de mobilidade  para confeccionar o mapa dos diferentes roteiros empregados polo alumnado no seu camiño á escola. Deste xeito, lógrase fomentar a participación cidadá, mellorar a convivencia e impulsar costumes saudables co beneficio á seguridade viaria ao medio ambiente.

O venres 6 de maio tocóunos avaliar un dos camiños que máis usamos para vis das nosas casa á escola.

Aquí vos deixo un vídeo resumo.

Biquiños

lunes, 2 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

O 17 de maio de 2022 adicamos o Día das Letras Galegas a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. 

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns. Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.

Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.

Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.

Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.

No seguinte vídeo atoparedes máis información sobre a vida e obra de Florencio.




















lunes, 14 de marzo de 2022

COÑECEMOS A PICASSO

 


DÍA DA POESÍA

O vindeiro luns 21 de marzo celebraremos o Día da Poesía. Como sabedes estamos a traballar a Picasso dentro do noso PDI anual, que este ano xira arredor da arte.

O noso obxectivo será traballar a poesía baseándonos nalgúns dos animais que pintou Pablo Ruíz Picasso.

A traballar!

miércoles, 2 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

O pasado venres 25 de febreiro celebramos o Entroido na nosa escola.
O tema deste ano xirou arredor do noso proxecto Documental Integrado: + ARTE.
O alumnado de 5º estamos a traballar sobre Picasso. Traballamos varios cadros deste autor e os empregamos para crear o noso disfrace. No seguinte vídeo atoparedes o resultado do noso traballo.










 

miércoles, 23 de febrero de 2022

DEBUXANDO A ROSALÍA

Este é o primeiro ano que o Día de Rosalía de Castro celébrase un 23 de febreiro e non un 24. O cambio prodúcese despois de que o filóloga Sagrario Abelleira revelase unha documentación que acredita que a autora de  Follas  Novas e Cantares Gallegos nacería un día como hoxe.

Este curso dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega propuxéronos decorar uns sobres que levaban por título "Sementando amor por Rosalía". Dentro dos sobres metimos unha semente e repartíronse polos locais do comercio eumés para repartir ese día.

Tendo en conta o noso PDI o alumnado de 5º de primaria deciciu facer uns sobres ben artísticos.

Ademais no blog da biblioteca atopámonos cunha biografía da autora e unha ficha que crearon para resumir a súa vida e obra.

Deixamos imaxes do produto final.

Agardamos que vos guste.