lunes, 11 de octubre de 2021

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

En coordinación  e colaboración co alumado e profesorado de sexto curso imos realizar un traballo sobre distintos aspectos relacionados con estas datas. 

A traballar!

O OUTONO:

Que sabemos do outono? Cando e por que comeza e remata? Que é o equinocio? É igual en todos os sitios do noso país? E en todos os sitios do mundo, existe o outono? Por que caen as follas? Que máis ocorre no outono?...


Pescudade nestas páxinas ou noutras fontes para facer o voso cartaz sobre o outono que responda a estas e outras preguntas que vos fagades sobre a estación. Primeiramente acordade que aspectos do outono ides investigar e logo de repartide o traballo ( importante, ten que participar todo o grupo), pasade ao cartel aquilo que vexades fundamental e interesante para contestar cada cuestión que vos fagades. Coidade a presentación, letra lexible, con bo tamaño e sen faltas de ortografía, cores atractivas...






















Mentres podedes poñer esta música para acompañar o voso traballo:



E para rematar vos deixamos un xogo coas palabras do outono. Só tedes que premer na seguinte imaxe.




O SAMAÍN:


Unha das tradicións festivas do outono é o Samaín. Se ides facer o cartaz sobre esta festa para dála a coñecer non teredes que esquecer falar da súa orixe, a tradición en Galiciaé o mesmo que o Halloween ou non, e haberá que falar das cucurbitaceas, non? e de como se converte unha cabaza en caveira...
 Logo de ter toda a información pasade a que vos pareza máis relevante ao voso poster sobre esta festa para colgado no corredor e que a todos os que o lean lles quede ben claro que é o SAMAÍN.



















E como remate desta actividade seguro que atopades un tempiño para xogar ao tempo que comprobamos os nosos coñecementos desta estación.





OS PEÓNS:                                                      

Cada ano na nosa escola cando chega o outono as nenas e os nenos traedes peonzas para xogar no patio; mais hai un día en que facemos a festa do peón; adoita ser, se o tempo o permite, polo San Martiño, 11 de novembro,  día en que tamén facemos o magosto.
Este curso o alumnado de 5º e 6º ides responsabilizarvos de facer posters onde acheguedes información sobre as buxainas: Tipos , como se bailan, distintos nomes do xoguete e tamén nomes das súas partesrefráns ...
Poñede toda a información que consideredes importante para que tod@s vaiamos á festa do peón ben preparad@s e informad@s. Coidade a presentación!!











OS COGOMELOS:

Completaremos a nosa colección de carteis cun cartaz sobre os cogomelos, xa que agora comeza o tempo de ir ao bosque a collelos, sempre con unha persoa experta. 
Mais, que tipo de ser vivo é un cogomelo ?, cales son as súas partes? fungos ou cogomelos? , cantos tipos coñecemos? , que debemos saber antes de ir a por cogomelos?...















Aquí vos deixamos un vídeo con información sobre o Reino dos Fungos que pode axudarvos na vosa investigación:


A pescudar!!! Veredes canto aprendemos, lembrade recoller nos vosos carteis só o máis importante e dunha maneira clara e vistosa. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario