domingo, 19 de junio de 2022

XORNADA DE CONVIVENCIA CABANAS

O venres 17 de xuño o alumnado de primaria e mestres pasamos unha xornada de convivencia na praia da Magdalena en Cabanas. Aínda que non mesturamos cursos de distinto nivel pasámolo xenial!


FIN DE CURSO

O pasado 15 de xuño fixemos a excursión de fin de curso. 

Fomos ao muíño de Pedroso en Narón. Alí fixemos sales de baño, practicamos tiro con arco  e un taller de orientación e supervivencia. 

Aquí deixámosvos as imaxes desta xornada.