jueves, 26 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas este 24 de outubro de 2023.

Desde o ano 2019 incorpórase á celebración o lema 'Aptas para todos os públicos', que estará presente en todas actividades que se poñan en marcha.

Ademais, a celebración do Día das Bibliotecas ten desde ese momento un fío condutor temático diferente cada ano.

O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns.

O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas españolas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.

Este curso 2023-24 o alumnado e profesorado do CEIP Couceiro Freijomil imos traballar sobre as Olimpiadas dentro do noso Proxecto Documental Integrado. E... que iso? Os Proxectos Documentais Integrados son un excelente instrumento para xerar e estimular novas formas de aprender, acordes coa sociedade da información. Son unha forma de traballo que permite transformar a información en coñecemento e onde a Biblioteca Escolar convértese no eixo da acción educativa.

Estamos a falar dunha biblioteca concibida como un Centro de Recursos para o Ensino a Aprendizaxe e a Lectura –CREAL. Son investigacións nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema, ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual empregando para iso os recursos documentais da Biblioteca Escolar. 

O 25 de outubro aproveitando a celebración do Día da Bibliotecas Escolares inauguramos o noso PDI.

Hai unhas semanas recibimos a visita da nosa mascota. Güino, convidounos a crear a nosa bandeira de aula e a preparar unhas mans de cartolina.

O mércores 25 toda a escola quedamos no pavillón, despois do recreo. Alí recreamos un acto inaugural dunhas olimpíadas. Desfilamos como abandeirados e abandeiradas coa nosa clase, pasámonos o facho olímpico e acendemos o pebeteiro. Para finalizar, usando as mans de cores formamos os aros olímpicos. Pasámolo fenomenal. Deixámosvos algunhas imaxes desta actividade.











No hay comentarios:

Publicar un comentario