O Concello de Pontedeume ten asinado un acordo coa Asociación de Axuda e Orientación aos Afectados por Accidentes de tráficos, Stop Accidentes, para á implantación no noso municipio do proxecto ANCAS (Asociación de Nenos Camiñantes por un Ambiente Sostible e Seguro).
Este
proxecto consiste no desenvolvemento e promoción dos camiños escolares seguros
en Pontedeume, coa participación da comunidade escolar, a veciñanza e os
comerciantes da vila.
Dentro desta actividade realizamos en primeiro lugar un taller teórico e posteriormente outro práctico.
Tamén as familias
cubriron enquisas de hábitos de mobilidade
para confeccionar o mapa dos diferentes roteiros empregados polo
alumnado no seu camiño á escola. Deste xeito, lógrase fomentar a participación
cidadá, mellorar a convivencia e impulsar costumes saudables co beneficio á
seguridade viaria ao medio ambiente.
O venres 6 de maio tocóunos avaliar un dos camiños que máis usamos para vis das nosas casa á escola.
Aquí vos deixo un vídeo resumo.
Biquiños
No hay comentarios:
Publicar un comentario