lunes, 27 de septiembre de 2021

VISITA DE DAVID ARCAY

 O luns 27 de setembro recibimos a visita de David Arcay. Este coruñés foi catro veces campión do mundo de pesca de  salmónidos mosca.

David Arcay participou xa en 14 campionatos internacionais e foi catro veces campión do mundo de pesca de  salmónidos mosca, un  palmarés que o converte, con tan só 30 anos de idade, en todo un referente a nivel galego e mundial dentro do mundo da pesca deportiva.

Ademais, ten o récord de precocidade dentro da súa modalidade, despois de proclamarse con 21 anos campión individual de pesca de  salmónidos mosca.

O deportista coruñés tamén é moi coñecido en Galicia polo seu intenso traballo e implicación en todo tipo de iniciativas orientadas a divulgar entre o público máis novo os valores deportivos e ambientais asociados ao mundo da pesca.

David Arcay colabora desde hai anos coa Consellería na organización de diferentes actividades de carácter divulgativo e é un dos promotores das escolas de río impulsadas coa nova Lei de pesca continental para achegar aos nenos galegos ao sector.



No hay comentarios:

Publicar un comentario