jueves, 17 de junio de 2021

ROBÓTICA

Tel e como se especifica na Resolución do 23 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21

"O novo marco curricular do sistema educativo galego trata de garantir que o alumnado adquira non só coñecementos curriculares senón, tamén, que acade as competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e social. Para isto faise necesario utilizar estratexias metodolóxicas activas,  recursos que o alumnado identifique como motivadores e próximos á súa realidade tecnolóxica e un enfoque interdisciplinar da aprendizaxe. Neste senso, a robótica educativa pode xogar un papel destacado xa que permite traballar as áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM nas súas siglas en inglés) de xeito integrado e afectando a calquera das materias do currículo. Con este programa, búscase introducir de maneira curricular a robótica e o pensamento computacional, e polo tanto a programación, na etapa de educación primaria nos cursos 4º, 5º ou 6º.  Esta acción enmárcase na Estratexia Galega de Educación dixital (Edudixital 2020)."

Estes últimos días de clase estivemos a aprender xogando cuns pequenos  amiguiños chamados bee-bot, fantástico recurso para aplicar o aprendido sobre a heráldica do noso concello. Despois por grupos decidimos elaborar novas plantillas para seguir practicando.

Aquí vos deixo uns vídeos das activividades.




No hay comentarios:

Publicar un comentario